O día seguinte á visita ó Monumento Natural del Morado (
Ver entrada) e aproveitando un fin de semana libre en Santiago de Chile decidín percorrer outro val nesta zona dos Andes, neste caso o coñecido como Valle del Yeso.
Partindo de Romeral (onde remata a estrada asfaltada) hai que coller a pista de terra que se dirixe en dirección Norte paralela o Río Yeso pola sua marxe esquerda. Paga a pena pararse nalgunha zona do camiño para contemplar a vistas sobre o val.
A medida que se vai gañando altura a paisaxe vaise facendo cada vez mais árida, ó mesmo tempo que ó fondo se comenzan a ver os grandes cumios andinos completamente nevados. Neste punto puiden contemplar unha das xoias da fauna chilena, o cóndor andino (Vultur gryphus)
_red.jpg) |
Condor dos Andes |
A case 2.500 msnm atopase o encoro do Yeso. Este embalse de augas turquesa e rodeado de montañas, abastece de auga potable á cidade de Santiago.


A partires deste punto a pista de terra continua bordeando o encoro. A cola do embalse atópase totalmente colmatada por un enorme delta de sedimentos e nesta zona podense observar pescadores (pescando troitas arco iris e pejerreyes) e grandes bandadas de pato juarjual (Lophonetta specularioides).
_red.jpg) |
Bandada de patos juarjuales |
 |
Cola do embalse colmatada de sedimentos |
 |
A man do home chega a tódolos lados |
Unha vez deixado atrás o embalse continuamos ascendendo en dirección ás Termas del Plomo, a neve era cada vez mais abundante e aproximadamente á cota de 2.700 msnm o camiño xa era completamente intransitable para turismos e houbo que continuar a pé.
Fixen unha pequena ruta polo entorno das Termas del Plomo, aínda que por mor da gran cantidade de neve existente foi imposible acceder a elas. En calquera caso a paisaxe é imponente, atopámonos no fondo dun val glaciar a case 3.000 msnm rodeados de xigantescas moles que superan amplamente os 5.000 m de altura.
A fauna nestas alturas é escasa, pero aínda así é posible observar aves coma o chincol, a perdicita cojón ou mamíferos como a lebre europea. Este tamén é o territorio do puma (
Puma concolor), pero non tiven a sorte de observalo.
_red.jpg) |
Perdicita cojón (Thinocorus orbignyianus) |
_red.jpg) |
Chincol (Zonotrichia capensis) |
_red.jpg) |
Lebre europea (Lepus europaeus) |