Na nosa recente escapada polo norte da illa italiana de Cerdeña, e tras
pasar un par de días percorrendo e visitando as espectaculares praias das que
se pode disfrutar nesta illa, aventuramonos na montaña, para facer
probablemente a ruta de treking mais coñecida da zona.
|
Impresionante vista no interior do cañon |
O canón do Gorropu é un profundo corte no macizo do Gennargentu que labrou
o río Fluminendu para abrirse camiño cara o mar. Nalgún lugar de Internet lin
que esta garganta é a mais fonda e espectacular de toda Europa, que non sei se é
certo, pero por suposto había que ir a vela.
Para chegar, dende Dorgali, cóllese a estrada dirección Cala Gonone (outro
lugar digno de ser visitado) e unha vez superado o cruce que nos levaría ata
este turistico recuncho da costa sarda de seguida (un par de km) aparece o
desvio a man dereita cara o Gorropu.
|
Vista en Google Earth da ruta realizada |
A estrada (por chamalo dalgunha maneira) é horrible, en moi mal estado, con
buratos, baches, grava solta, a ratos sen asfaltar, pero a pesar deso o coche
pasa perfectamente indo cas precaucións oportunas. O comento porque percorrer
eses 10 km ata o inicio da ruta pode levar perfectamente
media hora. O coche chega ata a ponte
de "Sa Barva" sobre o Río
Fluminendu, onde hai un pequeno aparcamento, a partir de ahí haberá que seguir a pé.
|
Aparcamento na Ponte Sa Barva |
No inicio da ruta un cartel nos informa de que para acceder a garganta hai
que pagar 5 € por persoa, francamente me parece un pouco abusivo, mais que
nada, porque eses cartos que se pagan non se reflexan en ningún tipo de mellora
da ruta (non hai carteles informativos, a señalización é moi deficiente, o
acceso en coche tamén, etc.). Uns metros mais adiante un agradable garda
forestal rexistra o número de persoas que acceden á ruta.
|
O único cartel informativo que atopamos en toda a ruta |
A ruta de aproximación ata a garganta son uns 7 km que discurren alternando tramos mais ou
menos chans con pequenas subidas e baixadas pola marxe esquerda do Río
Fluminendu. O paseo é agradable, á sombra dun espeso bosque mediterráneo no que
abundan os brezos, acebuches, cornicabras, pero sobre todo, madroños (o cal é
unha perdición se fas a ruta en pleno outono como fixemos nós). Hai dúas fontes de auga potable no sendeiro.
|
Vista do Río Fluminendu dende o sendeiros |
|
Os madroños (Arbutus unedo) son moi abundantes en todo o camiño |
Tras aproximadamente hora e media de camiño chegamos á entrada da garganta,
onde efectivamente un home está cobrando os 5 € da entrada. Cos nosos limitados
coñecementos de italiano logramos entenderlle que se poden percorrer uns 700 m do cañón, a partir de ahí xa é para
profesionais, e que hai unha planta endémica no cañón (Aquilegia nuragica) que
únicamente vive no Gorropu en todo o mundo.
|
Entrada ó cañón |
Dentro do canón non hai unha ruta definida, básicamente hai que ir avanzando polo fondo e por onde se poida entre os grandes bloques de pedra. hai que saltar, arrastrarse e camiñar con bastante coidado xa que avanzar non resulta nada doado dado o gran tamaño das rochas e o esvaradío destas. Eso si, paga a pena o esforzo, xa que a vista e sobrecolledora a medida que o canón se vai estreitando. Nalgún punto cinco ou seis metros separan paredes totalmente verticais duns 500 m de altura.
|
Neste punto o río erosionou de tal maneira a parede que esta superaba a verticalidade |
|
Un dos puntos mais estreitos e vertixinosos da garganta |
|
Paredes verticais de caliza no interior do canón |
|
En puntos a garganta estreitase ata deixar apenas uns metros de paso |
O camiño de regreso realízase polo mesmo sendeiro que na ida, desfrutando novamente do paseo a carón das cristalinas augas do Río Fluminendu.
|
Río Fluminendu |
No hay comentarios:
Publicar un comentario