Espero que sirva de axuda este blog a quen, coma min, gusta de pasear por camiños, sendas e corredoiras.

miércoles, 7 de agosto de 2013

O Teixedal de Casaio

Unha catedral vexetal, onde a bóveda está formada por inumerables ramas, follas e acículas entrelazadas nunha maraña inpenetrable para a luz, e os pilares son os troncos retorcidos de teixos centenarios. Así é o teixedal de Casaio, un bosque perdido no val mais recóndito das montañas da Trevinca.

Xa hai tempo que tiñamos gañas de coñecer este bosque e finalmente a primeira fin de semana de agosto puidemos facer unha escapada para explorar a zona.

Teixo centenario
O macizo de Pena Trevinca, situado na zona mais oriental de Ourense, limitando xa con León e Zamora é a serra na que se atopan as maiores alturas de Galicia, e conforma unha paisaxe de alta montaña única en Galicia.

Comenzamos a ruta xunto a canteira de Alto do Campo (aquí hai que deixar o coche) e dende aquí baixamos  en dirección as minas abandoadas de Valborraz situadas no fondo do val. Durante o descenso podemos contemplar como un glaciar de lousas (a escombreira da mina) baixa pola ladeira aterrando todo o que topa o seu paso (cada un que saque as suas conclusións)


A baixada non é demasiado clara e é facil confundirse, de feito as marcas de pintura que sinalizan o sendeiro eran contradictorias, nalgúns puntos a marca de fin de sendeiro indicaba xustamente o lugar por onde había que ir, ademais en zonas o sendeiro está bastante tapado pola vexetación. Esta é unha zona complicada e é imprescindible saber manexarse cun mapa ou un gps.

Unha vez chegamos o fondo do val topámonos cas minas abandoadas de Valborraz, e un pouco mais adiante ca Mina dos Alemáns. Estas minas foron abandoadas nos anos 60 e delas extraíase wolframio.

Minas de Valborraz
Minas de Valborraz en explotación (Fotografía :http://mineralesyfosiles.blogspot.com.es)

Unha vez que deixamos atrás as minas toca ascender pola ladeira esquerda do val ata o Paso do Seixo, punto a través do cal abandoamos o val de Valborraz para baixar cara o Val de San Xil (no que se atopa o Teixedal). O Paso do Seixo é un bo punto para contemplar os efectos da minería, nas nosas costas temos un val moi deteriorado paisaxísticamente polas escombreiras e as canteiras de pizarra e diante nosa contemplamos o val de San Xil, prácticamente inalterado na sua parte máis alta.

Val de San Xil dende o Paso do Seixo
Desdendemos agora pola mesma pista cara o fondo do val en dirección o Teixedal. Xa preto deste, atopámonos unha antiga mina de ferro que temos que bordear pola parte superior.

Mina de ferro
A partir deste punto remata a pista e continuamos por un sendeiro moito mais estreito e nalgún tramo incluso algo perigoso polo que debemos ir con coidado, ó fondo xa vemos o teixedal, soamente nos queda cruzar un regato antes de introducirnos no bosque. Xusto antes deste regato un hito de pedras marca o punto no que se inicia o sendeiro de regreso pola Cabrita.


O teixedal atópase no mais profundo dun bosque de carballos, bidueiros e acivros. Son unhass 400 árbores que conforman probablemente o rodal monoespecífico de teixo mais grande da Península Ibérica.



Aquí remata o sendeiro, a partir deste punto se seguimos ascendendo polo bosque topariamos varias cascadas e incluso poderiamos chegar a pequena Lagoa da Serpe nas faldas de Pena Surbia. Sen embargo aquí xa non hai sendeiro e o camiño non é facil polo que non é moi recomendable  salvo que se coñeza moi ben a zona. 

Cascada
Teixedal dende a cabeceira do val
O regreso faise polo sendeiro que deixamos a esquerda xusto antes de entrar no bosque para ascender á Cabrita. Esta ascensión son mais de 400 m de desnivel polo que se fai moi dura e hai que tomala con moita calma. Unha vez arriba interceptamos o sendeiro que procedente de Pena Trevinca e que en menos de 15 minutos atravesando a escombreira da canteira nos deixa novamente no aparcamento do coche.

Esta é unha ruta de montaña que nos permitiu observar á fauna típica desta zona, especialmente maravillados nos quedamos cas numerosas especies de bolboretas (moitas das cales non se poden ver en ningún outro lado de Galicia) e tamén cas aves (rapaces, bisbitas, avións roqueros, etc.)


Bolboreta Sofia (Isoria lathonia)
Tartaraña cincenta (Cyrcus pigargus)
Águia cobreira (Circaetus gallicus)

Esta é unha ruta de dificultade alta xa que é moi esixente físicamente (uns 25 km e mais de 1000 m de desnivel positivo) e ademais é sinxelo perderse (especialmente se se levanta neboa), polo que na miña opinión é moi recomendable facela acompañada dalgún guía que coñeza a zona.





2 comentarios:

Saba González dijo...

Fermosa a foto da cobreira :)

Roberto Verde dijo...

O mérito é da SX50 que é un cañón.

Publicar un comentario