Espero que sirva de axuda este blog a quen, coma min, gusta de pasear por camiños, sendas e corredoiras.

viernes, 17 de enero de 2014

Parque Nacional de La Campana (Chile mediterraneo)

Durante as últimas semanas por motivos laborais tiven a sorte de pasar unha tempada en Chile, aproveitando os dias libres para coñecer as espectaculares paisaxes e natureza chilenos.




Por esta razón comezo aquí unha serie de entradas relativas a distintas rutas e lugares visitados neste país sudamericano.

Zona mediterránea.

A zona central de Chile ten maioritariamente un clima mediterráneo, sen embargo o ser a zona mais poboada do país tamén é a mais degradada, e en poucos lugares se conserva a vexetación nativa orixinal.

Un deses últimos reductos é o Parque Nacional da Campana, situado na cordilleira litoral a escasos 100 km o noroeste da capital, Santiago.

Cerro de La Campana

O Parque ten varios accesos, eu concretamente visitei o sector de Occoa situado na parte Norte do espazo protexido. Ó sector de Occoa accedese pola comuna de Hijuelas (Ruta 5 Norte, km 98). Hai que coller unha pista de terra en bo estado (perfectamente accesible para turismos) e percorrer 14 km ata o control de acceso ó Parque. Alí un garda nos informa das posibles rutas a facer e nos cobra a correspondente entrada (en Chile é necesario pagar unha entrada para acceder os Parques Nacionais). Neste caso a tarifa  de acceso para os estranxeiros son 2.500 pesos (uns 4 euros).

Mapa de localización do parque

Unha vez superado o control de acceso continuamos aproximadamente 1 km mais pola pista de terra ata chegar o aparcamento. Unha vez alí é interesante (sobre todo se é a primeira vez que estás en Chile) facer un pequeno circuito interpretativo nas inmediacións do parking na que se mostran, identificadas mediante carteis, as principais especies vexetais que compoñen o ecosistema mediterráneo chileno.


Vista en Google earth da ruta realizada

A ruta que faremos nos leva ata a cascada de Occoa, iníciase no propio aparcamento continuando pola pista de terra pola que chegamos no coche (unha cadea pecha o paso dos vehículos). Tras aproximadamente 1 km de lixeiro ascenso desviámonos uns metros a man dereita para ir ó mirador de El Amasijo onde poderemos ter a primeira vista do Palmeral de Occoa (unha das masas de palma chilena mais extensas e mellor conservadas de todo Chile).


Vista dende o mirador de Amasijo

Regresando ó camiño principal pasamos por duas fontes (ollo!! porque o garda nos comunicou que non eran potables) e chegamos a un cruce (zona coñecida como Casino) onde podemos tomar camiño cara o palmeral de Occoa (á dereita), ou cara a cascada e mina de cuarzo (a esquerda).

Polo camiño da dereita tras un par de km bordeando un cerro nos metemos no interior do palmeral de Occoa. A palma chilena e á única palmeira nativa e orixinalmente formaba grandes extensións nos bosques mediterráneos, sen embargo o seu aproveitamento comercial para extraer a mel de palma acabou prácticamente con tódalas masas de palmas orixinais. A mel de palma é a sabia procesada da palmeira e a sua extracción obriga a matar ó exemplar.

Palmeral de Occoa
Lagartixa do xénero Liolaemus

Chincol (Zonotrichia capensis)

Tras percorrer o palmeiral fotografiando toda a fauna e flora que puiden observar retornei sobre as miñas pegadas ata o camiño inicial na zona coñecida como Casino, para seguir ascendendo en dirección a Cascada de Occoa.



Neste tramo o bosque é mais aberto e é posible contemplar gran número de aves do ambiente mediterráneo, como poden ser o diucón (Xolmis pyrope), a tenca (Mimus thenca) ou os tiuques (Milvago chimango), a rapaz mais común no parque.

 Tenca alimentandose na flor dun chagual (Puya chilensis)
Diucón

Tras cruzar un par de regatos atopamos outra bifurcación onde deberemos coller á esquerda para ir a cascada (o camiño da dereita nos levaría tras varias horas de camiñata ata a mina de cuarzo).

Bifurcación do camiño que nos leva á cascada

A partir de aquí o camiño se estreita e a subida se acentúa pero en poucos minutos chegamos a un dos lugares mais fermosos do parque, con un mirador fronte a unha caida de auga de varias ducias de metros de altura. O regato que a forma apenas levaba caudal a consecuencia da persistente sequía que sufre esta zona de Chile dende hai xa varios anos.

Cascada de Occoa

É moi recomendable non sairse da senda marcada xa que a altura é considerable e un resbalón pode resultar fatal.

O regreso faise polo mesmo camiño que empregamos para ascender, durante éste puiden contemplar unha bandada de codorniz de california (Callipepla californica), especie introducida moi abundante no parque.