Espero que sirva de axuda este blog a quen, coma min, gusta de pasear por camiños, sendas e corredoiras.

domingo, 22 de abril de 2012

Serra da Tronqueira e Pico da Vara (Illa de Sao Miguel - Azores)

O pasado mes de marzo fixemos unha escapada a illa de Sao Miguel, no arquipélago das Azores. Esta era a primeira vez que viaxábamos a estas illas e a verdade e que foi unha experiencia moi recomendable. Nas Azores cada illa é un mundo completamente distinto das outras, Sao Miguel é coñecida como Illa Verde e a verdade é que fai xustiza o seu nome xa que dado o seu clima (non sei canto chove o ano pero seguro que moito) a vexetación é frondosa e exuberante durante todo o ano.

Sao Miguel, a illa verde


Unha das zonas mellor conservadas da illa, onde ainda quedan grandes masas dos bosques de laurisilva orixinais é a Serra da Tronqueira, no leste da illa. Nesta serra atópase tamén o punto mais elevado de toda a illa, o Pico da Vara con 1105 m de altitude.Trátase da área protexida da Tronqueira e Planalto dos Graminhais.

Illa de Sao Miguel (no circulo a Serra da Tronqueira)


Esta zona é tamén o último reducto do priolo ou camachuelo das azores (Pyrrhula murina) do que apenas quedan uns 300 exemplares repartidos polas masas de laurisilva existentes na zona.

Ruta da Tronqueira

A mellor ruta para coñecer esta zona, e con sorte poder ver algún priolo, é a coñecida como Rota da Tronqueira. Para chegar dende Povoaçao hai que coller a R 1-1 dirección Nordeste e aproximadamente a uns 7 km a man esquerda tomamos unha pista de terra en perfecto estado.

Ruta da Tronqueira

Esta ruta ten aproximadamente 10 km é podese facer andando, en bicicleta ou incluso en coche, xa que o camiño atopase en perfecto estado e pódese circular sen problemas. Nós foi o que fixemos, percorrela en coche facendo pequenas paradas nas zonas mais interesantes. De feito nunha das primeiras paradas que fixemos tivemos a sorte de ver 3 exemplares de priolo no alto dunha plataneira de indias.

Priolo (A foto non é moi boa pero é a mellor que conseguín sacar)


O priolo e a ave mais rara na laurisilva, pero tendo a suficiente paciencia nesta zona é sinxelo ver outras especies endemicas como son a estreliña de poupa Regulus regulus azoricus (Reyezuelo en castelán), a toutinegra de barrete preto Sylvia atricapilla gularis (unha subespecie de curruca que solo existe en azores e Cabo Verde), a lavandeira dos azores Motacilla cinerea patriciae ou o pinzón dos azores Fringilla coelebs moreletti, sen duda a ave mais abundante da illa.

Lavandeira dos azores

Pinzón dos azores

Tamén son frecuentes outras especies mais comúns como verderóns (Carduelis chloris), xílgaros (Carduelis carduelis), canarios (Serinus canaria) ou paporrubios (Erithacus rubecula)

Nesta ruta onservamos os traballos que se están facendo para preservar as zonas de laurisilva, eliminando plantacións de Criptomeria japonica e outra vexetación alóctona. A ruta discurre en dirección nordeste o sur do Pico da Vara, o punto mais alto da illa e que será o noso próximo destino.

Serra da Tronqueira


Pico da Vara

Para ascender o Pico da Vara temos que ir ata o nordeste da illa (hai un pobo que se chama precisamente así, Nordeste). Unha vez alí temos que ira ata a localidade de Algarvia (uns 10 km) e unha vez alí coller unha pista de terra que ascende en dirección Sur (está en moi bo estado polo que pode circular un turismo sen problema). Nunha curva a dereita xa vemos un cartel de inicio da ruta e aparcamos xa que a partir de aquí hai que seguir a pe. Non hai demasiado sitio para aparcar pero cando fomos nós soamente había outro coche.

Mapa da zona

Vista da ruta realizada nunha imaxe de Google Earth (vista dende o oeste)


Non vos deixedes enganar polo cartel que indica que o ascenso dura 5 horas (eso é dende abaixo, dende Algarvia), dende o punto que nos atopamos a ascension leva aproximadamente hora e media, xa que son uns 3,5 quilómetros.

Inicio da ruta

No primeiro tramo a ruta ascende polo medio dunha plantación de Criptomeria japónica, o camiño é moi umbrio xa que apenas deixan pasar a luz do sol, polo medio aparecen salpicados espectaculares fentos arborescentes que alcanzan varios metros de altura.

Ruta de ascenso o Pico da Vara

Tras aproximadamente 1 km de subida chegamos a cima do cordal, nesta zona o bosque desaparece e da paso a grandes extensións de turbeira de alta montaña. o Pico da Vara atópase a nosa esquerda, nos diriximos cara él por un sendeiro perfectamente marcado.

Pico da Vara
Turbeira

O lado do sendeiro pasamos o lado de duas cruces en recordo de sendos accidentes aéreos acontecidos nestes cumios durante os anos 40.


Cruz en memoria dos falecidos nun accidente aéreo de Air France en 1949

Un último xiro á dereita e chegase a cima do Pico da Vara, dende aquí tense unha fermosa panórámica de toda a parte leste da illa.

Panorámica dende o Pico da Vara


O descenso faise polo mesmo camiño polo que subimos e leva aproximadamente unha hora ata o coche.

1 comentario:

Berto dijo...

Non me extraña que vaiades coma foghetes; entrenando nestes sitios... ^^

qué envidia!

Publicar un comentario