O pasado mes de marzo fixemos unha escapada a illa de Sao Miguel, no arquipélago das Azores. Esta era a primeira vez que viaxábamos a estas illas e a verdade e que foi unha experiencia moi recomendable. Nas Azores cada illa é un mundo completamente distinto das outras, Sao Miguel é coñecida como Illa Verde e a verdade é que fai xustiza o seu nome xa que dado o seu clima (non sei canto chove o ano pero seguro que moito) a vexetación é frondosa e exuberante durante todo o ano.
|
Sao Miguel, a illa verde |
Unha das zonas mellor conservadas da illa, onde ainda quedan grandes masas dos bosques de laurisilva orixinais é a Serra da Tronqueira, no leste da illa. Nesta serra atópase tamén o punto mais elevado de toda a illa, o Pico da Vara con 1105 m de altitude.Trátase da área protexida da Tronqueira e Planalto dos Graminhais.
|
Illa de Sao Miguel (no circulo a Serra da Tronqueira) |
Esta zona é tamén o último reducto do priolo ou camachuelo das azores (
Pyrrhula murina) do que apenas quedan uns 300 exemplares repartidos polas masas de laurisilva existentes na zona.
Ruta da Tronqueira
A mellor ruta para coñecer esta zona, e con sorte poder ver algún priolo, é a coñecida como Rota da Tronqueira. Para chegar dende Povoaçao hai que coller a R 1-1 dirección Nordeste e aproximadamente a uns 7 km a man esquerda tomamos unha pista de terra en perfecto estado.
|
Ruta da Tronqueira |
Esta ruta ten aproximadamente 10 km é podese facer andando, en bicicleta ou incluso en coche, xa que o camiño atopase en perfecto estado e pódese circular sen problemas. Nós foi o que fixemos, percorrela en coche facendo pequenas paradas nas zonas mais interesantes. De feito nunha das primeiras paradas que fixemos tivemos a sorte de ver 3 exemplares de priolo no alto dunha plataneira de indias.
|
Priolo (A foto non é moi boa pero é a mellor que conseguín sacar) |
O priolo e a ave mais rara na laurisilva, pero tendo a suficiente paciencia nesta zona é sinxelo ver outras especies endemicas como son a estreliña de poupa
Regulus regulus azoricus (Reyezuelo en castelán), a toutinegra de barrete preto
Sylvia atricapilla gularis (unha subespecie de curruca que solo existe en azores e Cabo Verde), a lavandeira dos azores
Motacilla cinerea patriciae ou o pinzón dos azores
Fringilla coelebs moreletti, sen duda a ave mais abundante da illa.
|
Lavandeira dos azores |
|
Pinzón dos azores |
Tamén son frecuentes outras especies mais comúns como verderóns (
Carduelis chloris), xílgaros (
Carduelis carduelis), canarios (
Serinus canaria) ou paporrubios (
Erithacus rubecula)
Nesta ruta onservamos os traballos que se están facendo para preservar as zonas de laurisilva, eliminando plantacións de Criptomeria japonica e outra vexetación alóctona. A ruta discurre en dirección nordeste o sur do Pico da Vara, o punto mais alto da illa e que será o noso próximo destino.
|
Serra da Tronqueira |
Pico da Vara
Para ascender o Pico da Vara temos que ir ata o nordeste da illa (hai un pobo que se chama precisamente así, Nordeste). Unha vez alí temos que ira ata a localidade de Algarvia (uns 10 km) e unha vez alí coller unha pista de terra que ascende en dirección Sur (está en moi bo estado polo que pode circular un turismo sen problema). Nunha curva a dereita xa vemos un cartel de inicio da ruta e aparcamos xa que a partir de aquí hai que seguir a pe. Non hai demasiado sitio para aparcar pero cando fomos nós soamente había outro coche.
|
Mapa da zona |
|
Vista da ruta realizada nunha imaxe de Google Earth (vista dende o oeste) |
Non vos deixedes enganar polo cartel que indica que o ascenso dura 5 horas (eso é dende abaixo, dende Algarvia), dende o punto que nos atopamos a ascension leva aproximadamente hora e media, xa que son uns 3,5 quilómetros.
|
Inicio da ruta |
No primeiro tramo a ruta ascende polo medio dunha plantación de Criptomeria japónica, o camiño é moi umbrio xa que apenas deixan pasar a luz do sol, polo medio aparecen salpicados espectaculares fentos arborescentes que alcanzan varios metros de altura.
|
Ruta de ascenso o Pico da Vara |
Tras aproximadamente 1 km de subida chegamos a cima do cordal, nesta zona o bosque desaparece e da paso a grandes extensións de turbeira de alta montaña. o Pico da Vara atópase a nosa esquerda, nos diriximos cara él por un sendeiro perfectamente marcado.
|
Pico da Vara |
|
Turbeira |
O lado do sendeiro pasamos o lado de duas cruces en recordo de sendos accidentes aéreos acontecidos nestes cumios durante os anos 40.
|
Cruz en memoria dos falecidos nun accidente aéreo de Air France en 1949 |
Un último xiro á dereita e chegase a cima do Pico da Vara, dende aquí tense unha fermosa panórámica de toda a parte leste da illa.
|
Panorámica dende o Pico da Vara |
O descenso faise polo mesmo camiño polo que subimos e leva aproximadamente unha hora ata o coche.
1 comentario:
Non me extraña que vaiades coma foghetes; entrenando nestes sitios... ^^
qué envidia!
Publicar un comentario