Durante as últimas semanas por motivos laborais tiven a sorte de pasar unha
tempada en Chile, aproveitando os dias libres para coñecer as espectaculares
paisaxes e natureza chilenos.
Por esta razón comezo aquí unha serie de entradas relativas a distintas
rutas e lugares visitados neste país sudamericano.
Zona mediterránea.
A zona central
de Chile ten maioritariamente un clima mediterráneo, sen embargo o ser a zona
mais poboada do país tamén é a mais degradada, e en poucos lugares se conserva a
vexetación nativa orixinal.
Un deses últimos reductos é o Parque Nacional da Campana, situado na
cordilleira litoral a escasos 100 km o noroeste da capital, Santiago.
|
Cerro de La Campana |
O Parque ten varios accesos, eu concretamente visitei o sector de Occoa
situado na parte Norte do espazo protexido. Ó sector de Occoa accedese pola comuna de Hijuelas (Ruta 5 Norte, km 98). Hai que coller unha pista de terra en
bo estado (perfectamente accesible para turismos) e percorrer 14 km ata o control de acceso ó Parque. Alí un garda nos informa das posibles rutas a
facer e nos cobra a correspondente entrada (en Chile é necesario pagar unha
entrada para acceder os Parques Nacionais). Neste caso a tarifa de acceso para os estranxeiros son 2.500 pesos (uns 4 euros).
|
Mapa de localización do parque |
Unha vez superado o control de acceso continuamos aproximadamente 1 km mais
pola pista de terra ata chegar o aparcamento. Unha vez alí é interesante (sobre
todo se é a primeira vez que estás en Chile) facer un pequeno circuito
interpretativo nas inmediacións do parking na que se mostran, identificadas
mediante carteis, as principais especies vexetais que compoñen o ecosistema
mediterráneo chileno.
|
Vista en Google earth da ruta realizada |
A ruta que faremos nos leva ata a cascada de Occoa, iníciase no propio
aparcamento continuando pola pista de terra pola que chegamos no coche (unha
cadea pecha o paso dos vehículos). Tras aproximadamente 1 km de lixeiro ascenso
desviámonos uns metros a man dereita para ir ó mirador de El Amasijo onde poderemos
ter a primeira vista do Palmeral de Occoa (unha das masas de palma chilena mais
extensas e mellor conservadas de todo Chile).
|
Vista dende o mirador de Amasijo |
Regresando ó camiño principal pasamos por duas fontes (ollo!! porque o
garda nos comunicou que non eran potables) e chegamos a un cruce (zona coñecida como Casino) onde podemos
tomar camiño cara o palmeral de Occoa (á dereita), ou cara a cascada e mina de
cuarzo (a esquerda).
Polo camiño da dereita tras un par de km bordeando un cerro nos metemos no
interior do palmeral de Occoa. A palma chilena e á única palmeira nativa e orixinalmente formaba grandes extensións nos bosques mediterráneos,
sen embargo o seu aproveitamento comercial para extraer a mel de palma acabou
prácticamente con tódalas masas de palmas orixinais. A mel de palma é a sabia
procesada da palmeira e a sua extracción obriga a matar ó exemplar.
|
Palmeral de Occoa |
|
Lagartixa do xénero Liolaemus |
|
Chincol (Zonotrichia capensis) |
Tras percorrer o palmeiral fotografiando toda a fauna e flora que puiden
observar retornei sobre as miñas pegadas ata o camiño inicial na zona coñecida como Casino, para seguir
ascendendo en dirección a Cascada de Occoa.
Neste tramo o bosque é mais aberto e é posible contemplar gran número de aves do ambiente mediterráneo, como poden ser o diucón (
Xolmis pyrope), a tenca (
Mimus thenca) ou os tiuques (
Milvago chimango), a rapaz mais común no parque.
|
Tenca alimentandose na flor dun chagual (Puya chilensis) |
|
Diucón |
Tras cruzar un par de regatos atopamos outra bifurcación onde deberemos coller á esquerda para ir a cascada (o camiño da dereita nos levaría tras varias horas de camiñata ata a mina de cuarzo).
|
Bifurcación do camiño que nos leva á cascada |
A partir de aquí o camiño se estreita e a subida se acentúa pero en poucos minutos chegamos a un dos lugares mais fermosos do parque, con un mirador fronte a unha caida de auga de varias ducias de metros de altura. O regato que a forma apenas levaba caudal a consecuencia da persistente sequía que sufre esta zona de Chile dende hai xa varios anos.
|
Cascada de Occoa |
É moi recomendable non sairse da senda marcada xa que a altura é considerable e un resbalón pode resultar fatal.
O regreso faise polo mesmo camiño que empregamos para ascender, durante éste puiden contemplar unha bandada de codorniz de california (
Callipepla californica), especie introducida moi abundante no parque.
No hay comentarios:
Publicar un comentario