Santiago
de Chile atópase a escasos quilómetros da cordilleira dos Andes, de feito en
menos dunha hora en coche pódese estar no corazón desta enorme cordilleira
rodeado de montañas que superan amplamente os 5.000 m de altura.
Unha das
rutas mais coñecidas para acceder á cordilleira dende a capital é a través do
Cajón del Maipo, un estreito canón excavado polo río Maipo no seu descenso
dende as montañas. Nesta zona pódense realizar inumerables rutas de montaña,
pero nesta entrada describirei a que percorre o Monumento Natural de El Morado,
ruta que tiven a sorte de poder realizar en novembro de 2013.
Para
sair de Santiago temos que coller en dirección Sureste pola Av. Vicuña Mackenna
ata chegar a estrada a San José del Maipo (Tamén coñecida como Camino al
Volcán). Uns 30 km despois de abandonar a gran urbe chegamos ó pequeño pobo de
San José, onde paga a pena deterse un ratiño e dar un paseo pola plaza de
armas, ésta é tamén a última poboación de entidade antes de adentrarnos na cordilleira.
A
partir deste punto o val vaise estreitando xustificando a denominación de cajón
(canón) o mesmo tempo que a vexetación das ladeiras vai desaparecendo a medida
que gañamos altura, pasando dun ambiente mediterráneo similar o existente en
Santiago a un cada vez mais desértico. A 30 km de San José cruzamos a aldea de San
Gabriel, punto no que remata a estrada asfaltada e se bifurca en dous camiños
de ripio, un parte cara o norte polo Val do Yeso e outro continúa dirección
leste seguindo o curso do río Volcán.
|
Igrexa en San José de maipo |
Para
chegar o Monumento Natural del Morado, un dos lugares mais visitados desta zona
dos Andes , hai que continuar polo camiño al Volcán outros 30 km mais ata
chegar á localidade de Baños Morales. O acceso a pesar de ser de ripio
atopábase en moi bo estado e podíase circular sen ningún problema con un
turismo.
Baños
Morales é unha pequena vila situada a 1.820 m de altitude e 92 km de Santiago, ubicada
na confluencia dos ríos Morales e Volcán. Neste lugar deixase o coche e
coménzase a camiñar (O acceso o Monumento Natural está sinalizado)
|
Panorámica de Baños Morales |
|
Vista en Google Earth da ruta realizada |
Tras
uns poucos metros de ascenso por unha pequena loma deixando o pobo ás costas
chegamos a caseta da CONAF (imprescindible) onde un garda nos rexistrará e nos
cobrará o acceso, creo recordar que eran uns 2.000 pesos chilenos
(aproximadamente 3 euros).
Unha
vez pasado o control de acceso continúase ascendendo pola ladeira por una forte
pendente ata que nos adentramos no val glaciar coa típica forma en U, a partir dese
momento o desnivel é moito mais suave e o ascenso mais levadeiro.
|
Inicio do val glaciar |
A
vexetación nesta zona é o matorral
esclerófito andinos conformando una ambiente estepario no fondo do val.
Nesta zona inicial fotografei un dos
lagartos mais fermosos que tiven oportunidade de observar en Chile, o lagarto de Lo Valdés (Liolaemus valdesianus), un raro endemismo destes profundos vales andinos. Teño
que sinalar que na identificación deste lagarto colaborou moi amablemente o
garda do Monumento Natural.
|
Lagarto de lo Valdés |
Aproximadamente
a 3 km da caseta de acceso da CONAF atópase o primeiro punto sigificativo da
ruta, Aguas Panimávidas, un conxunto de mananciais de augas minerais ricas en
carbonatos e ferro que tinguen o terreo de múltiples tonos vermellos, ocres,
alaranxados, etc.
|
Manancial ferruxinoso en Aguas Panimávidas |
A
partir deste punto comenza a aparecer neve no camiño, a ruta fíxena o XX de
Outubro de 2013 (a finais do inverno no hemisferio sur), pero o camiño está
marcado e decido continuar ata chegar a Lagoa de Morales (con frecuencia
denominada erróneamente Lagoa del Morado). Ésta é unha pequena lagoa glaciar
situada a case 2.400 m de altura polo que nesta época se atopaba parcialmente
conxelada.
|
A neve comenza a ser abondosa na ruta |
|
Lagoa de Morales conxelada |
As
vistas desde este punto sobre o Glaciar de San Francisco son espectaculares,
desgraciadamente a partir deste punto a cantidade de neve no camiño era xa moi
abondosa e dificultaba o avance o non levar o equipamento adecuado (serían
preciso raquetas) polo que decido regresar.
|
Glaciar San Francisco |
Durante o camiño de descenso
aproveito para contemplar e fotografar a avifauna de alta montaña que vou
observado, toda ela descoñecida para min.
|
Churrete acanelado (Cinclodes fuscus) |
|
Cometocino de Gay (Phrygilus gayi) |
No seguinte enlace ó fantástico blog de
Saba González (Serapia: Algunhas aves de Chile) mostranse outras moitas especies de aves fáciles de ver no Chile mediterráneo.
Unha
vez no coche en Baños Morales todavía se pode ascender mais polo camiño de
Ripio internándonos mais na cordilleira ata chegar a Baños Colina, unhas termas
naturais situadas a 3.500 m formadas por varias pozas naturais nas que a auga
acada temperatura de ata 70ºC. Sen
embargo, como era de esperar dada a época do ano non puiden chegar ata elas xa
que apenas puiden superar o poboado de Lo Valdés
|
Os carteis de perigo volcánico impoñen un pouco de respeto |
|
Acceso a Baños Colina |
No hay comentarios:
Publicar un comentario