A segunda xornada nos Alpes estivo condicionada polo feito de ter que
marchar pola tarde cara a Aosta via Suiza (desta maneira aforrase o carísimo
Tunel do Mont Blanc e se cruza o espectacular e panorámico Porto do Gran San Bernardo, entre Suiza e Italia)
![]() |
| Glaciar Mer de Glace |
Por este feito decidimos facer unha ruta que non fora especialmente longa
nin dura, e optamos por subir ata o Glaciar Mer de Glace, un dos lugares mais
turísticos do val de Chamonix. De feito hai un tren funicular que sube ata él,
pero por suposto nós fixémolo andando.
| Mapa da zona pola que fixemos a ruta |
![]() |
| Vista en Google Earth da ruta realizada |
Dado que estabamos aloxados no Camping Mer de Glace (1090 m) nin sequera
nos tivemos que desprazar en coche para iniciar a ruta. Saíndo do camping
collese a man dereita en dirección o Río Arve. Na ponte sobre o río se pode
apreciar o cor blanquecino da auga, que denota o seu orixe glaciar, e é que
este río recolle as augas de todolos torrentes que baixan dende os Glaciares da
cara N do Macizo do Mont Blanc.
![]() |
| Río Arve |
Unha vez cruzada a ponte continuamos camiñando por unha pista pola marxe
esquerda do río en dirección N durante aproximadamente 500 m, ata que un desvio a man dereita
(perfectamente sinalizado) nos leva por un sendeiro ladeira arriba. O sendeiro discurre sen excesiva pendente
entre un bosque de abetos.
Tras aproximadamente 2 km de ascensión chegamos a un cruce (1480 m),
da igual que opción escollamos xa que ambas nos levarán aproximadamente no
mesmo tempo ata o glaciar. O camiño da esquerda pola fronte do glaciar e o da
dereita paralelos á vía do funicular. Consideramos que sería moito mais fermosa
a ruta pola fronte do glaciar e esa foi a que escollemos deixando a outra para
a baixada.
Segundo nos acercamos ao glaciar a ruta se complica, aumenta o desnivel e
hai que pasar algún tramo lixeiramente complicado, sobre todo se se fai con
nenos. Aínda así a paisaxe e o bosque alpino polo que nos movemos son preciosos.
![]() |
| Vistas dende o sendeiro |
O chegar a altura do glaciar (1880 m) atopámonos xusto co que nos temiamos,
se en toda a subida vimos dúas persoas na estación final do funicular habería
unhas 2.000. Teleférico para baixar ata o glaciar, restaurante con terraza
colgado do abismo, tendas de recordos e xente, xente e mais xente.
| Terraza do restaurante colgada sobre o propio glaciar |
Como en todo o mundo os glaciares alpinos están retrocedendo a gran velocidade. Un cartel indicándonos o nivel do glaciar no ano 1820 (hoxe está moitos
metros mais abaixo) o que nos recorda que o cambio climático é unha realidade, por
moito que algúns politicuchos graciosos se empeñen en negalo.
![]() |
| Nivel do Glaciar en 1820 |
Tentamos abstraernos da “feira” que nos rodea para disfrutar da paisaxe
espectacular (unha cousa non quita a outra) pero resulta francamente
compricado, polo que non tardamos demasiado en coller o camiño de regreso.
Para baixar escollemos o camiño que vai inicialmente paralelo a vía do
funicular, é un camiño moito mais cómodo que o de ascenso, en todo momento polo
medio do bosque e sen maiores complicacións.
![]() |
| Panórámica do Glaciar Mer de Glace é da Aigulle a Bochard (2669 m) |








No hay comentarios:
Publicar un comentario