Comezamos a primeira xornada nos Alpes Franceses con enormes ilusións por
desentrañar os rincóns que agochan estas espectaculares montañas situadas a
sombra do gran coloso de mais de 4800
m, o Mont Blanc.
Mont Blanc visto dende Chamonix |
É o 25 de xullo (día de Galicia) pero o tempo é bastante fresco, mais ben
primaveral.
Durmimos a noite anterior no camping Mer de Glace (a escasos quilómetros de
Chamonix, o centro neurálxico da comarca), un camping pequeniño pero con
tódolos servizos que se lle pode pedir a estos aloxamentos, bueno, todos non,
botamos en falta unha cafetería, aínda que hay máquinas para poder tomar un
café ou chocolate quente.
¿A primeira impresión sobre os Alpes? Pois que queredes que vos diga... a
zona de Chamonix defraudoume un pouco, as montañas son espectaculares pero
están totalmente destrozadas (si, esa é a palabra) por todo tipo de remontes,
teleféricos, trenecitos e demais instalacións para subir aos turistas (estes
que van o monte en náuticos e polo lacoste) ata calquera punto mínimamente
interesante. Que haxa algún remonte pareceme aceptable, pero no Val de Chamonix
é unha esaxeración.
Superada esta mala impresión inicial nos achegamos ata o Col des Montets
(na estrada de Chamonix a uns 10
km en dirección a Suíza) para realizar unha das rutas
clásicas pola Reserva das Aiguilles Rouges, a idea é percorrer o Balcón Sur e
achegarnos ata o Lago Blanco, lugar dende onde pola información que
recopiláramos por internet, se pode desfrutar das mellores vistas de todo o macizo
do Mont Blanc.
Macizo de las Agujas Rojas |
Sen embargo, no inicio da ruta, nos esperaba o segundo disgusto da xornada,
un cartel no se avisaba de que non se permite a entrada de cans na reserva (nin
sequera atados). En fin ..... se ve que os cans supoñen unha molestia para a
fauna salvaxe pero non os teleféricos e remontes cargados de domingueiros ata o
corazón das montañas (non sei por qué pero me da a sensación de que algo ten
que ver o pastón que cobran nos remontes, os turistas pagan, os cans non)
Nina defraudada por non deixala entrar na Reserva das Aguilles Rouges |
O caso é que como íamos ca nosa cadeliña Nina decidimos pensar nun plan B.
Optamos por ascender ata o Glaciar de Argentiere, un dos moitos glaciares que
descenden pola cara Norte do Macizo do Mont Blanc.
Mapa da ruta realizada |
Vista en Google Earth da ruta ata o Glaciar de Argentiere |
Aparcamos o coche en Argentiere (bueno, exactamente na zona coñecida como
La Rosiere (a 1214 m), onde, para variar, podese coller un teleférico que te
deixa a 1 km
escaso do glaciar salvando de golpe e sen esforzo un desnivel de case 800 m. Por suposto sería un
pouco hipócrita collelo despois da rajada das liñas anteriores (non me vale a
escusa de que “como xa están feitos” porque se nos montamos neles contribuimos a
este circo e a seguir estropeando as montañas).
Así que iniciamos o ascenso, a verdade e que a parte inicial é bastante
fea, discurre por unha pista de esquí polo que nin as vistas, nin a vexetación
nin nada é digno de mención, de feito esta parte “fea” remata na estación
intermedia do teleférico (1975 m), que continua ata os picos das Aguilles
Verdes (“menudos pardillos” seguro que está a pensar alguén).
Pista de esquí pola que se ascende inicialmente |
Estación intermedia do teleférico (Cruz de Lognan) |
Soamente atopámonos con outros 2 montañeiros que subiran coma nós pola
pista de esquí, o que contrasta ca gran cantidade de turistas unha vez chegados
a estación do teléferico. Dende aquí un quilometro mais ou menos cómodo ata o
glaciar. A verdade é que non é dos mais coñecidos nin visitados, a diferencia
do Mer de Glace, pero as vistas son espectaculares (polo menos para alguén que
coma min, o glaciar mais grande que vira fora o do Monte Perdido).
Primeira imaxen do glaciar cos impresionantes seracs que se forman. |
Comemos un bocadillo desfrutando da paisaxe e despois, como aínda era
bastante cedo, decidimos continuar ascendendo por un sendeiro pouco marcado
montaña arriba para desfrutar dunha mellor vista da lingua glaciar. Foi
matemático, en canto comenzamos a subir apartándonos do camiño principal
desapareceu toda a xente e puidemos disfrutar realmente dunha boa xornada de
montaña.
A medida que ascendemos pola ladeira a vista sobre o glaciar vaise facendo mais espectacular |
O día se estaba poñendo bastante feo, e incluso nalgún momento caeu algunha
folerpa de neve, pero cando chegamos a un collado situado a uns 2650 m de altura, o ceo
abriuse por uns minutos saindo o sol e deixandonos unha estampa absolutamente
espectacular do glaciar, circo e os grandiosos picos das Aiguilles Verdes (4122 m) e Aiguille du
Chardonet (3824 m).
Quero pensar que a montaña premiounos nese momento polo esforzo de subir ata
alí camiñando sen a necesidade de utilizar axudas artificiais.
Aiguille du Chardonet (3824 m) |
Aiguille Verde (4122 m) |
A partires dese punto o camiño xa se complicaba bastante e ademais o ceo
volveuse a pechar polo que decidimos iniciar o descenso. Fixemos unha pequena
variante xa que ao enlazar coa pista que leva a estación do teléferico collemos
un atallo cara o refuxio de Lognan (2032 m) dende o cal se ten unha fermosa vista
da fronte do glaciar. Esto permite facerse unha idea das impresionantes
dimensións desta lingua de xeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario