Este verán no noso camiño dirección Alpes para pasar unha semaniña pola montaña paramos un día neste parque natural do Sur de Francia situado na desembocadura do río Rodano.A Camargue e unha zona húmeda de importancia internacional, que alberga entre outras moitas especies a maior poboación europea de flamencos. O territorio protexido exténdese uns 750 km
2 entre os dous brazos principais do delta do río Ródano.
A época (23-24 de xullo) non é a mellor para observar aves pero aínda así fixemos un par de rutas cortas pola zona. Unha o parque ornitolóxico Pont de Gau e outra polo Dique á la Mer. Para durmir pola zona hai dous campings en Saintes Maries de la Mer, nos quedámonos no Camping la Brise, o cal francamente non recomendo, moi masificado e ademais bastante desagradables na recepción (non se trata de que non sepan falar español nin Ingles, senón que no noso caso non fixeron nin o mais mínimo esforzo por tentar entendernos)
Parc ornithologique Pont de Gau: (http://www.parcornithologique.com/) Este parque ornitolóxico atópase na estrada de acceso a Saintes Maries de la Mer, a escasos 5 km antes de chegar o pobo. A entrada custa 7 euros, pero non se trata dun zooloxico (aínda que é a impresión que da o entrar e ver unha cigoñas unhas grandes xaulas). De feito o meu pensamento o ver eso foi "menudo timo de sitio". Afortunadamente están soamente na entrada, quero pensar que se trata de animais feridos que non poden ser devoltos a natureza aínda que non o sei con seguridade.
En realidade o Parque ornitolóxico consiste nunhas marismas privadas percorridas por varios sendeiros e múltiples observatorios. Na miña opinión é moi interesante porque esta zona está frecuentada por múltiples especies de aves acuáticas.
|
Percorrido feito no parque ornitolóxico (Google Earth) |
A continuación mostro algunhas das aves observadas durante o paseo pola zona.
|
Grupo de flamencos comúns (Phoenicopterus roseus) |
|
Flamenco común (Phoenicopterus roseus) acicalándose |
|
Niño de Ibis sagrado (Thereskiornis aethopicus) |
|
Niño de garcetas (Ardea alba) |
|
Garza real (Ardea cinerea) |
|
Martinete (Nycticorax nycticorax) |
Ademais de aves acuáticas é posible observar outras moitas especies, que ainda que mais comúns non por eso deixan de ser moi interesantes.
|
Bubela (Upupa epops) dándose un baño de terra |
|
Andoriñas ou golondrinas (Hirundo rustica) |
|
Libélula escarlata (Crocothemis erythraea) moi abundante en toda a Camargue |
Unha das especies que mais me sorprendeu, probablemente pola miña ignorancia, foron as ratas almizcleras, moi abundantes en todo o parque e que alcanzan un tamaño "sorprendente" (para que vos fagades unha idea a nosa cadela Nina era mais pequena que moitas delas).
|
Rata almizclera (Ondatra zibethicus) |
|
Rata almizclera (Ondatra zibethicus) |
Dique a la Mer: O día seguinte, pola mañá, e despois de percorrer a zona en coche, fixemos un pequeno percorrido pola parte mais oriental do Dique a la Mer. Esta zona, mais próxima o mar ten un ambiente moi distinto, extensións enormes de marisma e dunas onde é frecuente observar aves mariñas (gaivotas, charrans, andarrios, etc). A zona está cruzada de pistas de terra e o ideal sería percorrela en bicicleta xa que camiñando se pode facer monótono ou incluso duro un día de calor xa que non existen as sombras.
Nos achegamonos en coche ata o aparcamento do Faro de La Cacholle, situado aproximadamente a 1 km, e dende alí achegamonos camiñando, pero repito que o mais interesante sería percorrer toda esta zona en bicicleta, no pobo de Saintes Maries de la Mer alúganas pòr uns 15 €/día (nos non o fixemos por falta de tempo)
|
Zona do Dique a la Mer |
|
Zona do Dique a la Mer |
|
Charrancito común (Sterna albifrons) |
E ata aquí o noso percorrido por esta interesante zona do sur francés, esperando voltar nunha época mais favorable para o avistamento de aves.
|
Posta de sol na Camargue, cos típicos cabalos blancos pastando na marisma |
No hay comentarios:
Publicar un comentario