Espero que sirva de axuda este blog a quen, coma min, gusta de pasear por camiños, sendas e corredoiras.

domingo, 10 de abril de 2011

Prat del Cadí

O Parque Natural do Cadí – Moixeró é o mais extenso dos espazos protexidos de Catalunya, forma parte das serras prepirenaicas, que discorren de leste a oeste paralelas o eixe principal dos Pirineos. As rochas son calcareas o que configura paisaxes espectaculares, como son o macizo do Pedraforca, na cara Sur, ou as espectaculares paredes da cara norte.



Precisamente nesa cara Norte, o pasado domingo 3 de abril de 2011  fixemos unha pequena ruta que nos leva a un dos paraxes mais espectaculares e bucólicos de todo o Parque, o Prat do Cadí. A ruta pódese considerar como fácil, aínda que hai que salvar uns 400 m de desnivel.




Para chegar ó inicio da ruta, na localidade de Estena, hai que desviarse en Martinet, na N-260, por unha pista asfaltada dirección  Montellà e tras 8 km atoparemos dita localidade.

Localidade de Estena (inicio da ruta)
 
Podemos aparcar o coche en Estena ou ben cruzar o pobo e continuar por unha pista de terra uns 500 m máis (¡ollo cos baixos do coche!) ata chegar a un aparcamento, onde realmente empeza a ruta.

No primeiro tramo o desnivel é bastante forte, temos que seguir sempre dereito, ignorando os camiños laterais que levan a campos de cultivo. Despois continuamos ascendendo polo medio dun bonito bosque de pino vermello (Pinus sylvestris). Se nos fixamos un pouco será fácil ver por esta zona aves típicas de bosque como pinzóns (Fringilla coelebs), ferreiriños negros (Parus ater carbonero), ferreiriños azuis ou comúns (Parus caeruleus) ou ferreiriños cristados (Parus cristatus Herrerillo capuchino). Tamén é facil observar piñas destrozadas polos cruzabicos (Loxia curvirostra Piquituertos ou trencapinyas, como lle din en Catalunya)

Camiño de ascenso o Prat do Cadí

Piña destrozada por un cruzabicos
 
Rápidamente imos gañando altura aproximándonos a parede da cara Norte da Serra do Cadí, ata cegar o collado Roig (1780 m), onde o camiño xira en dirección leste e se fai moito máis levadeiro xa que deixamos de subir. 

Vistas desde o Collado Roig (o fondo vese o pobo de Estena)

Efectos dunha avalancha de neve

Continuamos durante aproximadamente 1 km deixando sempre o Cadí a man dereita ata que repentinamente se abre ante nos un gran claro, con prados rodeados de verdes pinñeiros o pe das paredes mais verticais da serra, estamos no Prat do Cadí.

Camiño, xa chegando o noso destino
 
O prado é o estadio último de colonización vexetal da morrera glaciar que se formou nesta zona durante a última glaciación. Diante nosa está a impresionante muraia norte da Serra do Cadí e o Canal de Cristall, ruta de acceso ata as cimas do parque.

Canal de Cristall
A primavera é un moi bo momento para realizar a ruta, xa que as montañas están blancas pero nin no camiño de ascenso nin no Prat nos atoparemos problemas pola neve ou xeo.

Tras un merecido descanso – merenda no prado voltamos polo mesmo camiño ata o coche.

3 comentarios:

Berto, free-blogger dijo...

Verde, son espectaculares as vosas rutas. Teño gañas de reproducir algunha coas vosas indicacións.

R. Verde dijo...

Gracias, cando queirades vides uns diiñas por aquí e damos unha volta polos Pirineos.

Saba dijo...

Esta é unha ruta moi doada para levar aos nenos, así que non hai escusa! :) estades invitados!

Publicar un comentario