Espero que sirva de axuda este blog a quen, coma min, gusta de pasear por camiños, sendas e corredoiras.

sábado, 28 de mayo de 2011

La Ball de Estós - Ibóns de Escarpinosa e Perramó (P.N. Posets - Maladeta)

Seguimos con outra ruta polo Parque Natural de Posets - Maladeta, na zona de Benasque. Nesta ocasión vouvos descibir a ruta que fixemos o 13/08/2010 polo val de Estós.


Dende o camping onde estábamos, Laspaúles (moi recomendable), nos leva aproximadamente 40 min, para elo subimos ata Beasque pola A-139, unha vez deixado atrás o pobo no km 64 se atopa un desvío a man esquerda que nos leva ata o aparcamento do val de Estós (1290 m). Deixamos alí o coche, collemos as mochilas e a camiñar.



 Na parte inicial, a ruta sigue o sendeiro pirenaico (GR-11), un ruta que une o Cantábrico co Mediterráneo pola vertente Sur dos Pirineos. Ocamiño discorre por unha pista forestal, no inicio do camiño pasamos o lado dun pequeno encoro, aPresa de Estós, construída en 1970 (é incrible as aberracións medioambientais que se fixeron durante o franquismo).


Parede da Presa de Estós
Un pouco mais arriba crúzase o río polo lugar coñecido como Palanca de L´Aiguacari e aproximadamente en 30 minutos chegamos á Cabaña de Santa Ana, unha antiga caseta de pastores (1580 m). Neste punto o val se abre e o bosque se alterna con zonas de prados alpinos.


Cabaña de Santa Ana

Val de Estós

Pouco mais de un quilometro despois chegamos a un cruce, seguindo de frente pola mesma pista forestal (GR-11) chegaríamos cómodamente en aproximadamente hora e media ata o refuxio de Estós, situado a 1890 m. Sen embargo nos colleremos a outra senda cara a Batiselles. Éste é un val secundario pero dunha gran beleza xa que son frecuentes na sua parte alta os pequenos lagos de montaña coñecidos na zona como ibones.

Subida a Batiselles


A subida é bastante dura pero faise polo medio dun denso bosque de aveleiras (avellanos) e pinos vermellos o cal fai que aínda que sexa pleno mes de agosto a temperatura sexa agradable. Cruzamos por unha ponte de troncos de madeira (Palanca de los Carboneros) un regato coñecido como Aigüeta de Batiselles (1730 m). Continuamos ascendendo aínda uns 20 minutos máis ata chegar a unhas pradeiras nas que se atopa o Ibonet de Batiselles (1940 m). Nesta zona había dous Ibóns hoxe xa colmatados e transformados en pradeiras, únicamente queda un pequeno estanque e o Regato dicurrindo en amplos meandros pola zona. En calquera caso a vista é espectacular, digna de fotografiar, cas cimas dos picos, todavía con algo de neve reflexándose nas tranquilas augas do ibonet. Nesta zona hai unha pequena cabaña de pastores que pode ser utilizada de refuxio en caso de treboada.

Ibonet de Batiselles


Desnde este punto temos duas posibilidades para continuar a ruta, ben subir cara o Ibon Gran de Batiselles ou (a que fixemos nos) ascender cara os Ibons de Escarpinosa e Perramó. Para elo continuamos de frente bordeando o ibonet pola dereita cara o fondo do val  e ascendendo  o lado da Aigüeta de Batiselles unha vez que finaliza a pradeira. Nesta zona o bosque xa está dominado polo pino negro xa que estamos preto dos 2000 m de altura. Aproximadamente en 30 minutos chegamos os Ibóns de Escarpinosa pero antes a senda ascende o lado dunha espectacular cascada digna de pararse 5 min a contemplar.

Fervenza na ascensión os Ibóns de Escarpinosa


Os Ibóns de Escarpinosa (2040 m) son un lugar simplemente espectacular, lagos de alta montaña de augas cristalinas e rodeados de montañas, con vistas o Pico Perdiguero (3221 m) detrás noso e as Agullas de Perramó enfrente. Levamos ascendidos uns 800 m dende o coche e este é un lugar perfecto para descansar un rato tomando un bocadillo.

Ibón Azul de Escarpinosa


Panorámica do Ibón azul de Escarpinosa


Ibón Verde de Escarpinosa cas Agulles de Perramó o fondo

Tralo descanso decidimos continuar ascendendo ata o Ibón de Perramó situado nun escalón superior do val, para elo ascendemos por unha pedriza a esquerda dos ibóns e aproximadamente a media altura xiramos a dereita por un canal que nos leva o piso no que se atopa este novo lago, simplemente temos que avanzar cara o fondo do val ata toparnos con él. Estamos a 2270 m de atura e a vexetación é moi escasa, na paisaxe altérnanse grandes bloques de rochas con pequenas lagoas mais ou menos temporais.

Ascenso ata Perramó dende os Ibóns de Escarpinosa
Vista dos Ibóns de Escarpinosa durante o ascenso a Perramó

Este lago é bastante mais grande que os anteriores, e ahi que decir que se ben ata Escarpinosa a afluencia de xente era bastante alta a partir dese punto apenas nos topamos con ninguén polo cal a tranquilidade era absoluta, o cal se agradece.

Ibón de Perramó
Tras algúns problemillas de orientación por esta zona (ollo que os camiños non están moi marcados nesta zona) baixamos polo mesmo camiño e desfacemos o camiño andado ata o coche.

Vista do Perdiguero dende a subida a Perramó


Dende o meu punto de vista esta é unha ruta para a que hai que ter unha mínima preparación física xa que se salvan uns 1000 m de desnivel e uns 14 km aproximadamente (7 de subida e outros tantos de baixada), sen embargo a espectacular beleza destes lagos recompensa con creces o esforzo realizado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario