Normalmente cando escribo unha entrada no blog é para contar as nosas experiencias facendo algunha ruta de senderismo e que outras persoas poidan repetila, disfrutando como nos o fixemos.
Sen embargo a entrada de hoxe a fago con profunda tristeza xa que gran parte da ruta que hoxe expoño xa no se poderá repetir en décadas xa que a parte Sur do Parque de Garajonay está agora mesmo sendo consumido polas lapas dun incendio que se iniciou o día 5 de agosto. (Perefiro non entrar a valorar como un Parque Nacional Patrimonio da Humanidade leva ardendo 12 días).
No momento de escribir estas liñas xa desapareceu baixo o lume un 25 % da superficie do parque.
Fai un par de meses, a principios de xuño, pasamos uns dias nesta fermosa illa canaria que é a Gomera, totalmente alonxada do turismo de festa e praia habitual noutras illas do arquipélago.
A illa pódese chegar en barco dende Tenerife (Los Cristianos) en pouco menos dunha hora. A primeira impresión é un pouco decepcionante xa que dende a zona da costa é totalmente desertica, sen apenas vexetación.
|
Vista da Gomera dende o ferry que a une con Tenerife |
Pero esa impresión cambia cando ascendes polas empinadas estradas que levan o interior da illa xa que alí se extende un formidable bosque de laurisilva único no mundo.
A laurisilva canaria son os únicos supervivintes das extensas masas forestais que cubrian gran parte de Europa durante o terciario pero que debido o enfriamento do clima acabaron por desaparecer do continente. Trátase de auténticas selvas subtropicais que subsisten gracias a humidade das néboas que aportan os ventos alisios na zona.
|
Laurisilva |
A vexetación típica da laurisilva son árbores de folla perenme que poden acadar ata os 40 m de altura, fayas (
Myrica faya), loureiro canario (
Laurus novocanariensis), palo blanco (
Picconia excelsa), acebiño (
Ilex canariensis) e brezos (
Erica arborea) entre outras moitas conforman estas selvas sempreverdes.
A ruta que propoñemos para coñecer Garajonay realmente é unha convinación de duas rutas, por un lado o ascenso o alto de Garajonay (o cumio da illa) dende o o aparcamento del Contadero, e posteriormente o descenso ata o Chorro del Cedro (o salto de auga mais alto de tódalas Canarias)
|
Mapa da ruta realizada |
|
Vista en Gogle Earth da ruta realizada |
Iniciamos a ruta no aparcamento de El Contadero (1340 m) e alí mesmo se inicia a ruta de ascenso o alto de Garajonay (1484 m). Inicialmente por unha pista ancha que pronto deixamos para continuar por un estreito sendeiro ata a cima. Esta ruta é moi sinxela e apta para calquera persoa xa que o ascenso son apenas dous km onde o desnivel é pequeno e o camiño moi cómodo.
|
Sendeiro de ascenso o alto de Garajonay |
A vexetación nesta zona está constituida por faial - brezal, que se pode considerar un estadio degradado da laurisilva onde a vexetación principal son brezos, eso si de portes arborescentes.
As vistas desde o cumio son sorprendentes xa que temos unha panorámica de toda a illa, co Teide de fondo se miramos cara o leste. Tamén se observan sen dificultade as illas de La Palma e El Hierro.
|
Vista do Teide dende o alto de Garajonay |
O descenso faise polo mesmo camiño ata chegar o aparcamento. Alí se inicia a ruta que descende ata o Chorro del Cedro. O camiño e longo (uns 8 km) sempre en baixada e polo medio do bosque. Nesta ruta atravesamos as zonas mellor conservadas da laurisilva xa que estas son as ladeiras orientadas ó norte e polo tanto as que reciven maior humidade.No noso percorrido atravesaremos regatos e observaremos enormes árbores de mais de 30 m de alto.
|
Sendeiro |
|
Sendeiro |
|
Pequeno regato no medio da laurisilva |
Na parte final do camiño chegaremos a unha ermita (Ermita de Lourdes) situada case no límite do parque.
|
Ermita de Lourdes |
Unha vez que pasmos xunto a un cartel que nos indica o final do espazo protexido a vexetación cambia radicalmente, pasando a ser unha zona mais humanizada, con casas e campos de cultivo no que se plantan productos de horta, patacas e kiwis.
Teño que decir que esta foi a parte que menos me gustou da ruta xa que despois de pasar varias horas nun bosque prácticamente virxe a vista de campos de cultivo non me entusiasmou especdialmente.
O salto de auga (750 m) atópase baixando por un sendeiro que pasa xunto a un camping na zona de El Cedro. A baixada é moi empinada, e hai que ter en conta que despois hai que voltar a subir polo mesmo camiño.
|
Chorro del Cedro |
O regreso fixemolo polo mesmo camiño, pero esta vez costa arriba. A ruta é relativamente dura xa que a distancia percorrida é importante (uns 18 km se contamos a subida a o alto de Garajonay e o regreso dende o Chorro del Cedro), a esto hay que sumar uns 600 m de desnivel. sen embargo o feito de facer o percorrido polo medio do bosque mitiga moito o posible calor que poderiamos pasar se a ruta fose mais aberta.
Nota: Polo momento a parte da ruta mais afectada polo lume é toda a zona que rodea o Alto de Garajonay.
No hay comentarios:
Publicar un comentario