O 1 de maio de 2010 fixemos esta ruta polo macizo de Pena Trevinca. A idea orixinal era subir ata o pico pero non nos atraía a idea de facelo pola ruta digamos "clásica" polo Barco de Valdeorras e o Alto dos Pedricios, xa que por esa zona a paisaxe está moi estropeada polas canteiras de pizarra.
Decidimos entón facer unha ruta moito menos coñecida, ascendendo dende o pobo de A Ponte (A Veiga), sen embargo por diversas razóns se nos fixo tarde e o final nos quedamos a medio camiño, na Lagoa da Serpe. Ainda así a ruta foi preciosa e pagou a pena realizala.
|
Vista da Lagoa da Serpe e do Macizo de pena Trevinca dende o Alto do Fial (1841 m) |
Para chegar o pobo de A Ponte dende a estrada OU-533 que une A Gudiña e A Rua, no km 28 collemos o desvío dirección A Veiga e unha vez alí dirección Xares e A Ponte. No seguinte plano aparece a ruta a seguir dende a localidade de A Gudiña (enlace cá Autovía das Rías Baixas)
O pobo de A Ponte (1100 m) é moi pequeno e non hai problemas de aparcamento para deixar o coche. Nós aparcamos nunha plazoleta na entrada do pobo. Para comenzar a ruta hai que atravesar a aldea e cruzar o Río Xares, continuamos camiñando por unha corredoira pola marxe dereita ata chegar o cruce onde comenza propiamente a ascensión. Este punto está moi ben sinalizado.
|
A Ponte |
|
Cartel que marca o inicio do sendeiro |
Dende o 1º momento a partir do desvío o camiño comenza a ascender deixando os nosos pes a man dereita o pobo de Ponte. Tras aproximadamente 20 minutos de ascensión chega un decanso nunha gran explanada onde a paisaxe se abre e a pendente se suaviza. No medio desta explanada, coñecida como Pena Ferro, hai unha pequena caseta. Na ladeira que temos enfrente, en dirección norte, se onservan as escombreiras de pequenas minas.
|
Pena Ferro |
|
Vista das escombreiras das minas desde Pena Ferro |
Aquí o sendeiro polo que subimos enlaza cunha pista mais ancha (transitable en vehículos) pola que continuamos en dirección mais ou menos leste ata chegar a un cruce onde vemos un sendeiro que ascende pola forte pendente que temos a man dereita. Este sendeiro estaba moi erosionado, seguramente polo tránsito por él de motos e quads.
Está é sen duda a parte mais dura da ascensión xa que en menos de quilómetro e medio ascendemos mais de 300 m de desnivel. De repente a dura subida remata e case sen darnos conta estamos na redondeada cima do monte Fial (1841 m). Dende esta modesta cima temos unhas bonitas vistas de toda a zona. Cara o leste observamos os cortados que forman o nacemento do río Xares e detrás o macizo de Pena Trevinca, cara o Sur o val do río Bibei e cara o oeste as lagoas e picos do Ocelo.
|
Cima do Fial con Pena Trevinca o fondo |
|
Cabeceira do val do río Xares |
Se continuamos o camiño dende a cima en dirección leste enseguida vemos a Lagoa da serpe un 100 m por debaixo dos nosos pes. Descéndese ata ela por un pequeno sendeiro pouco evidente polo medio das uces e toxos.
|
Lagoa da Serpe |
Dende aquí a ruta seguiría ata a cima de Pena Trevinca pero nos rematamola aquí, primeiro porque se nos fixo demasiado tarde e segundo porque como se ve nas fotos o tempo non era especialmente bo.
O regreso faise polomesmo camiño, pero o chegar a Pena Ferro pódese continuar pola pista que baixa cara o pobo, desta maneira teremos unha vista distinta do val do Río Xares, e poderemos observar os efectos da erosión glaciar na cabeceira deste val.
|
Val do río Xares (obsérvese o prefil en U típico da erosión galciar) |
A continuación móstrase o mapa e a imaxen aérea da ruta realizada.
|
Visión en Google Earth da ruta realizada |
|
Mapa da ruta realizada |
1 comentario:
Cabe engadir que esta ruta foi a que deu a foto de portada do blog, esa fermosa panorámica sobre o Parque Natural do Lago de Sanabria, en Zamora
Publicar un comentario