Tras realizar o día anterior a ruta do
Canón do río Tera dispuxemonos na xornada do 13 de Outubro a ascender a Pena Trevinca. A montaña mais alta de Galicia e de Zamora, xa que a fronteira se atopa xustamente no cumio.
|
Pena Trevinca |
Este é o segundo intento de ascensión a Pena Trevinca, fai xa un par de anos tentáramos subir dende o lado galego pasando pola
Lagoa da Serpe, pero nos quedaramos a metade de camiño por facersenos tarde. Neste caso ascenderemos polo lado zamorano, por onde a ruta é igualmente dura, non polo desnivel a salvar, que por suposto é importante xa que se trata dunha montaña de mais de 2000 metros de altura, senón sobre todo pola longuisima aproximación que hay que facer ata a base da montaña. En total a ruta completa, ida e volta, son mais de 25 km, polo que, se fai necesario madrugar e sair cedo, sobre todo nestas datas do outono cando os días xa son bastante pequenos.
|
Mapa da zona |
|
Cartel informativo no inicio da ruta |
O día amenceu moi frío, cunha xeada desas que te obrigan a estar varios minutos quitando xeo do parabrisas, e eso no pobo onde nos aloxamos en Trefacio, imaxinadevos arriba na montaña. Pois eso, tras quitar o xeo do parabrisas e ir almorzar collemos o coche e subimos ata a Laguna de los Peces. Alí hai un aparcamento dende o que sae unha pista moi evidente en dirección norte. Por esa pista ascendemos dunha maneira moi suave ata o altiplano de La Ventosa. Esta é unha chaira herbácea situada a uns 1900 metros de altura. Aquí se nos fixamos poderemos ver pequenos paxariños que se moven entre as hervas e arbustos, se trata de bisbitas, un pequeno páxaro moi típico nestes ecosistemas
|
Laguna de los Peces |
|
Altiplano de la Ventosa |
Dende o altiplano observase en dirección oeste o profundo val glaciar do Río Tera e o fondo Pena Trevinca. Dende onde nos atopamos continuamos polo camiño que baixa cara o río Tera. A esquerda deixamos atras o encoro de Vega del Conde. Nesta baixada hai unha fonte con auga fresca, esta información é interesante xa que nos evitará cargar con auga para todo o día dende o coche.
|
Encoro de Vega del Conde |
|
Val glaciar do río Tera (o fondo Pena Trevinca) |
Unha vez chegamos o fondo do val, tras descender dende os 1900 m ata aproximadamente os 1600 pasamos o lado do refuxio de montaña de Riopedro. Cruzamos o río por unha ponte habilitada a tal efecto e seguimos, sempre deixando o río Tera a man dereita, ata o fondo do val. O camiño é moi evidente e o noso obxectivo, Pena Trevinca, sempre visible o fondo. Neste tramo do percorrido o río Tera forma numerosos meandros con pozas nas que podemos observar como as troitas de montaña esperan a caída dalgún saltón para alimentarse.
No hay comentarios:
Publicar un comentario