Todo comezou cun rebeco.
Na ponte de decembro de 2011 pasamos uns dias visitando a uns familiares no Val de Arán (Lleida).O último día, antes de coller rumbo a casa tiñamos a pretensión de subir ao circo de Colomers o norte do Parque nacional de Aigestortes (äinda que fora do parque). Sen embargo a pista de acceso dende Tredòs (Val de Arán) estaba chea de xeo e non era seguro ir co coche. Decidimos entón tentar subir
aos lagos do túnel de Vielha (xusto na fronteira con Aragón) pero como non atopamos
onde deixar o coche ben aparcado, desanimados collemos rumbo cara casa polo
porto da Bonaigua. Ó pasar as pistas de esquí, inda baleiras (era a principios de decembro e apenas nevara),
apartamos xusto antes do descenso cara a Bonaigua de Baix a dar unha volta.
Case era mediodía, admirabamos a paisaxe cando de súpeto descubrimos un rebeco
asexandonos dende unha ladeira moi quedo. Decidimos achergarnos un pouco máis para fotografialo:
|
Rebeco (Rupicapra rupicapra) |
No camiño atopamos sinais dunha ruta de sendeirismo, que ascendía
lixeiramente e escorríase entre os collados deixando atrás a deteriorada
paisaxe das pistas de esquí e adentrandose nunha zona de reserva natural:
|
Mapa da ruta realizada |
|
Vista en Google Earth da ruta realizada |
|
Val de Gerber dende o inicio da ruta |
Sen comida e pouco máis que a cámara, iniciamos a ruta ca intención de “dar
unha volta”... Co que non contabamos era que o que veríamos nos engancharía
durante horas. A medida que avanzabamos, a cuberta de neve ía facendose máis
espesa e compricaba o camiño. Con coidado de non esvarar, chegamos ata un
fermoso lago xeado escondido entre as penas e os abetos, trátase da Estanyola de Gerber. (Estany é o nome que en Cataluña se lle da os lagos)
|
Estanyola de Gerber |
O sendeiro arrodeaba o lago e subía lixeiramente por treitos algo
perigosos, xa que o xeo partíase baixo as nosas botas. Mentres camiñamos imos deixando atrás fermosas paisaxes de inverno:
Atopamonos cun segundo lago xeado (deste descoñezo o nome) pero tan fermoso como o anterior.
Unha vez pasado este lago, adentramonos na zona periférica do Parque
Nacional de Aigüestortes i Estany de Sant Maurici. Tras superar o seguinte
collado, descubrimos o lago de Gerber, moito máis grande e impresionante. Debido o seu tamaño este non se atopaba xeado.
|
Límite do Parque Nacional de Aigüestortes i Estany de Sant Maurici |
|
Estany de Gerber |
Enganchados coma se fose unha droga, decidimos continuar por un sendeiro,
bordeando a marxe esquerda do lago. Pronto intuimos que o sendeiro ascende cara
a cima das ladeiras que limitan o lago Gerber, e con curiosidade por saber qué hai máis alá,
decidimos afrontar o risco:
|
Sendeiro conxelado |
Ascendemos ata un pequeno pico (2.346 m) dende o cal a panorámica do lago é fermosa...
... e ó outro lado hai unha inmensidade de neve:
Comprobamos que a ruta segue, hai indicadores cara un refuxio de montaña e
cara a Colomers, pero decidimos darnos a volta xa que o sendeiro non é tan
apreciable coma ata agora (apenas hai pegadas que marquen o camiño) non levabamos o vestiario axeitado.
De baixada, desfrutamos das fermosas vistas, despedindonos ata pronto de
todolos rincons que fixeron que un paseo totalmente improvisado se convertira nunha ruta que lembraremos moito tempo.
|
Panorámica do Estany de Gerber |
No hay comentarios:
Publicar un comentario