Espero que sirva de axuda este blog a quen, coma min, gusta de pasear por camiños, sendas e corredoiras.

miércoles, 20 de febrero de 2013

Ascensión ao Teide (Tenerife)


No mes de maio do ano pasado realizamos unha viaxe ás Illas Canarias no que visitamos La Gomera (ver enlace) e Tenerife, a máis grande do arquipélago e onde se atopa o Teide, a montaña máis alta de España e (contado dende a súa base no fondo do océano) a terceira máis alta do mundo. Este será o noso obxectivo mesta ruta, o ascenso en dous días ó pico do Teide.


Os primeiros días na illa adicámolos a realizar turismo e a coñecer a zona norte, moito máis verde que o sur e para o meu gusto tamén máis bonita. Especialmente recomendable é o Parque Natural de Anaga (o noreste de Santa Cruz), onde pequenos sendeiros nos permiten coñecer o último reduto da laurisilva que queda na illa de Tenerife.

Como comentei antes para subir á cima do Teide nos plantexamos a ruta en dous días, para o cal é imprescindible reservar o aloxamento no refuxio de Altavista (web). Pódese facer tamén nunha soa xornada pero hai que ter en conta que son case 1.400 metros de desnivel por un terreo volcánico bastante incómodo, polo que pode facerse excesivo. No caso de querer subir nun só día deberase solicitar permiso para ascender o tramo final ata o cráter xa que para evitar masificacións non deixan subir a mais de 10 persoas simultaneamente. Este permiso pódese solicitar na web da Rede nacional de Parques Nacionais (web). Pola contra facendoo en dous días, a ascensión faise con máis calma e non é necesario solicitar permiso xa que pernoctar no refuxio leva implícito o permiso para o ascenso o cráter dende o mencer ata as 9 da mañá.

Mapa da ruta realizada

Vista en google earth  da zona
Ó inicio da ruta a pé faise desde o aparcamento de Montaña Blanca situado a 2.356 m s.n.m. (ver mapa). Ata alí podemos ascender por calquera das estradas que soben cara o interior da illa e cruzan o Parque Nacional das Cañadas do Teide. Nós chegamos pola estrada da Orotava.

É moi interesante observar como a medida que ascendemos vai cambiando o paisaxe e a vexetación, nas zonas próximas á costa predominan os cultivos de árbores subtropicais que pouco a pouco van desaparecendo ó gañar altura e son substituídas por coníferas o entrar no Parque Natural da Corona Forestal. Neste punto (entre os 1.300 e os 2.000 m s.n.m.) as características néboas que formas o coñecido “mar de nubes” aportan humidade para o desenrolo dunha importante masa boscosa formada fundamentalmente por pino canario (Pinus canariensis) que forma un anel rodeando a caldeira volcánica na que se atopa o pico do Teide.

O Teide dende os pinares que conforman a coroa forestal
O continuar ascendendo o bosque desaparece bruscamente para dar lugar a unha vexetación moito máis desértica coincidindo co fondo da caldeira que rodea o Teide e que se atopa en torno os 2.100 m s.n.m. Nesta zona as nubes soen quedar a menor altitude e apenas se recibe humidade.

O inicio da ruta a pé é no aparcamento de Montaña Blanca, situado no punto quilométrico 40,5 da estrada TF-21 que cruza o Parque Nacional. O aparcamento é pequeno pero, polo menos o día que fomos nós atopamos sitio, dado que a maioría da xente escolle a opción máis cómoda de subir no teleférico.


Punto de inicio da ruta a pé

Dende o aparcamento (2.356 m s.n.m.) parte unha pista de terra en dirección Norte que ascende ata a Montaña Blanca. Neste tramo a ruta é doada xa que non hai demasiado desnivel e o traxecto é cómodo, eso sí, non hai nin unha sola sombra en todo o camiño.

Cañadas del Teide dende o sendeiro

Montaña blanca é un pequeno cono volcánico pertencente o mesmo edificio volcánico que o Teide e formado case exclusivamente por pedra pómez de cor clara (de ahí o nome). Nas suas ladeiras tamén se observan xigantescos bloques de lava oscura que rodaron ladeira abaixo en erupcións posteriores, son os coñecidos como Huevos del Teide


Bombas volcánicas nas ladeiras de Montaña Blanca

Nesta zona observamos como un can que levaba un sendeirista levantaba dous pequenos muflóns que escaparon ladeira abaixo. O muflón foi introducido nos anos 70 con fines cinexéticos e se estima que actualmente viven no parque entre 70 e 125 individuos  Comento isto para chamar a atención sobre a responsabilidade de levar cans soltos por espazos naturais, por culpa de comportamentos irresponsables como este en moitos espazos naturais directamente prohibese a entrada de cans.

Xa preto da cima da montaña Blanca (a 2.728 m s.n.m.) desviamonos da pista de terra por un sendeiro que ascende (agora si cun desnivel considerable) pola ladeira do Teide entre xigantescas coladas de lava oscura ata o refuxio de Altavista, situado a 3.270 m. 


Montaña Blanca
Sendeiro de acceso ó refuxio desde Montaña Blanca

O refuxio é como calquera outro de montaña, sen luxos pero limpo, cómodo e sobre todo permite disfrutar dunhas espectaculares vistas das Cañadas do Teide durante o atardecer.

Refuxio de Altavista
Sombra do Teide sobre as Cañadas

Nos arredores do refuxio aproveitamos para observar a fauna que se desenvolve a estas altitudes, que ainda que escasa existe, concretamente observamos bisbitas camineros (Anthus berthelotii), lagartos tizones (Gallotia galloti galloti), moitas abellas e uns pequenos invertebrados parecidos a arañas chamadas opilións (estes últimos tamén os veríamos na mesmísima cima do Teide á mañá seguinte).

Bisbita caminero (Anthus campestris)

Lagarto tizón (Gallotia galloti galloti)
Á mañá seguinte pegamonos o madrugón para poder ver o amencer desde a cima, saimos do refuxio antes das 5 da mañá xa que o ascenso ata a cima leva aproximadamente 2 horas. O primeiro tramo entre o refuxio e a estación do teleférico na zona, coñecida como La Rambleta (3550 m), é relativamente cómodo, ainda que xa se nota a altura) pero o ascenso final ata a cima fíxosenos especialmente duro.

Por fin, en torno as 7 da maña chegamos á cima da montaña mais alta de España (3.815 m) e ben abrigados para soportar o intenso frío (non creo que estivéramos a mais de 0 ºC) esperamos a saida do sol. A experiencia é absolutamente espectacular e moi recomendable.





Sombra do Teide sobre o océano

Dende a cima pódese ver prácticamente todo o arquipélago canario (únicamente non fomos capaces de divisar Fuerteventura).  No cráter se observan tamén pequenas fumarolas e o cheiro a xofre é bastante intenso.

Illa de La Palma
Crater na cima do Teide




1 comentario:

Alberto Pérez dijo...

A nós encantounos cando estivemos aló... Hai que voltar!!!

Publicar un comentario