Espero que sirva de axuda este blog a quen, coma min, gusta de pasear por camiños, sendas e corredoiras.

viernes, 26 de octubre de 2012

Canón do Río Tera (Parque natural de Sanabria)

Co gallo do festivo do 12 de Outubro marchamos uns dias a coñecer o Parque Natural de Sanabria, situado na provincia de Zamora.

Lago de Sanabria
O elemento mais característico deste espazo natural é o Lago de Sanabria, o mair lago de orixe glaciar de toda a península ibérica. Formouse na última glaciación cando as neves perpetuas se situaban a uns 1.600 m de altura o que orixinou nas partes mais altas do parque un glaciar de meseta que se desparamaba excavando os profundos vals do Río Tera, Cardena e Segundera así como a cunca do actual lago.

A primeira parada no parque, como solemos facer sempre que visitamos un espazo natural, foi visitar a Casa do Parque, situada no pobo de Rabanillo, na propia estrada de acceso ó Lago. A verdade e que neste caso saín bastante decepcionado xa que ademais de cobrar a entrada (1 €) e cobrar por un mapa coa información do parque (0,5 €) o centyro en si tampouco ten nada especialmente interesante. Pero o enfado ven de que cando lle pedimos información sobre as rutas que tiñamos pensado facer (Cañon do Tera e ascenso a Pena Trevnca) a persoa que se supón estaba para atender o publico non no la deu e ademais o que nos dixo foi que non as fixeramos que eran demasiado longas e dificiles e que o que tiñamos que facer e darnos unha volta en coche polo parque parando de pobo en pobo para ver as iglesias. Non discuto que as iglesias da zona sexan ou non moi bonitas, pero o que iba buscando era información sobre rutas de sendeirismo. Evidentemente non lle fixemos caso.

A ruta polo cañón do río Tera é probablemente a mais emblemática e coñecida do parque. É unha ruta dificil xa ascenderemos uns 600 m de desnivel durante uns 12 km polo cañón que forma o río Tera antes de desembocar no lago de Sanabria.

Mapa da zona

Vista en Google Earth da ruta realizada

O inicio da ruta atópase no pobo de Ribadelago Viejo, pobo tristemente famoso pola traxedia ocurrida no ano 1959 cando a inundación provocada pola rotura da presa de Vega de Tera provocou a morte de 144 persoas. Xunto o aparcamento hai un monumento en memoria das victimas deste feito.

O aparcamento atópase nunha ampla explanada da que parte un camiño moi evidente cara o inicio do cañón, que se ve perfectamente a o fondo a uns 500 m .

Inicio do canón do río Tera

Introducimonos no cañón por un sendeiro non demasiado evidente, polo que hay que irse fixando nos hitos de pedra colocados por outros sendeiristas. A pesar desto non hay perda posible xa que tomando como referencia o río solo nos queda ascender.



Nesta ruta é factible ver fauna ligada a cursos fluviais como o martin pescador, merlos de auga ou lontras ainda que nós non tivemos demasiada sorte xa que únicamente avistamos unha familia de mitos nun arbusto e avoitres voando a gran altura no ceo

Mitos (Aegithalus caudatus)

Irémonos atopando pequenas pozas e cascadas de auga ata chegar a un dos lugares destacados da ruta, unha bonita lagoa que forma o río que se coñece como Poza de las Ninfas.

Poza de las Ninfas

Cascada

Continuamos ascendendo por un camiño bastante compricado (bueno, en realidade todo o camiño o é) xa que hay que ir saltando entre pedras, continuos ascensos e descensos e en ocasións é incluso necesario axudarse das mans para trepar.



Finalmente, tras unhas duas horas e media chegamos a zona coñecida como Cueva de San Martin. En realidade non se trata dunha cova senón dun estreitamento do val cunha cascada que se precipita sobre unha fermosa lagoa.



Neste punto finaliza a ruta clásica polo cañón do río Tera inda que se pode continuar uns quilómetros mais ata a presa rota do embalse de Vega de Tera, sen embargo o paso non é fácil e o sendeiro é moito menos evidente o estar menos transitado que o camiño polo que ascendemos. Nos en concreto deixaríamolo para outra ocasión.

Chegados a este punto para regresar ata o aparcamento existen duas opcións, voltar por onde viñemos ou ben ascender pola ladeira Leste desde Cueva de San Martín por un camiño moi evidente ata o alto do val. O interés desta segunda alternativa está nas vistas que teremos de todo o Canón do Tera dende unha posición mais elevada. Incluso se divisa en dirección Norte a presa de Vega de Tera.

Cañón do río Tera (No centro da imaxe observase a presa rota do Embalse de Vega de Tera)

A partir de aquí a ruta, polo menos para nos non tivo maior interese, descendemos por unha pista de terra ata a estrada de San Martín de Castañeda. Unha vez chegamos a este pobo collemos a coñecida como ruta dos monxes que nunha hora aproximadamente nos deixa no aparcamento. Este último tramo podería ser moi fermoso xa que as vistas sobre o Lago de Sanabria son preciosas, sen embargo discurría por unha zona queimada recentemente o cal sinceiramente lle restaba bastante encanto.

Ruta de descenso de San Martín de Cascadeña a Ribadelago

Xusto antes de chegar o aparcamento pasamos o lado da igrexa de Ribadelago, en ruinas pola inundación do ano 1959.

Antiga igrexa de Ribadelago


3 comentarios:

Unknown dijo...

Que chula a ruta!!! A gardarei en favoritos para cando vaiamos por alí...

Sabiña dijo...

Que saibas que me parece mal que non menciones a Nina en toda a entrada, que como cadela montañista que é, trepou polas pedras coma experta escaladora ;P
Comentar de paso, e xa en serio, que durante toda a ruta se avistaban os collados e as ladeiras das montañas queimadas, o que da moita pena. Non ten excusa que planten lume no interior do parque natural

Unknown dijo...

Precioso!!
E fixome recordar as nosas andainas polo Rio Ulla, e as tuas explicacions sobre as caracteristicas das arbores e os paxaros q viamos, pero de esto xa choveu!!!!!
P.D.: ¡ mira q non mencionar a Nina!!!

Publicar un comentario